Comeza a renovación da Escalinata dos Paxariños, "unha nova plataforma única que permitirá a mellora da seguridade viaria"

O Tenente de Alcalde e o edil de Infraestruturas acordaron coa veciñanza a transformación do treito que une esta rúa con Fontiñas, "creando un novo espazo de convivencia para as veciñas e veciños do barrio".

Arroxo: "Seguimos avanzando na cidade dos 5 minutos, traballando da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo urbano dos nosos barrios".

Sábado, 28 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a renovación da Escalinata dos Paxariños, "unha nova plataforma única que permitirá a mellora da seguridade viaria"

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a Escalinata dos Paxariños, onde veñen de comezar as obras para transformar este espazo "nunha nova plataforma única que permita a creación dun novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos", explicou Rubén Arroxo.

A Tenencia de Alcaldía traballa para aumentar o espazo peonil e os espazos de convivencia veciñal. Arroxo destacou que a área de Mobilidade busca crear "un novo espazo referencial para a convivencia nas rúas do barrio", e lembrou que a área de Mobilidade traballa en construír "unha cidade na que calquera persoa, independentemente de onde resida, teña a menos de 5 minutos unha zona de estar ao aire libre. "

Logramos avanzar moito con peonalizacións nos distintos barrios, convertendo carrís innecesarios en beirarrúas amplas e creando novos espazos verdes e zonas de convivencia, como faremos neste punto de Fontiñas", afirmou Arroxo, que destacou a importancia de atender ás reclamacións veciñais e animou á cidadanía a facer chegar as súas propostas ao Concello, sinalando que "a información recollida, xunto coas visitas periódicas aos barrios, permítenos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

Multimedia

  • Comeza a renovación da Escalinata dos Paxariños, "unha nova plataforma única que permitirá a mellora da seguridade viaria"
  • Comeza a renovación da Escalinata dos Paxariños, "unha nova plataforma única que permitirá a mellora da seguridade viaria"

Noticias relacionadas