O Concello reforza o servizo de autobús urbano durante o San Froilán para facilitar os desprazamentos

O reforzo estará operativo os días 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de outubro

Xoves, 01 de outubro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello reforzará o servizo de transporte urbano con motivo do San Froilán, co obxectivo de facilitar os desprazamentos da veciñanza durante as festas.

O reforzo estará operativo os días 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de outubro, con ampliación dos horarios de varias liñas do transporte urbano. As liñas 1.2, 1.4, 9/12 e 10/13 prolongarán os seus servizos ata aproximadamente as 3:00 horas da madrugada, segundo o percorrido.

No caso dos días 5 e 12 de outubro, festivos, o servizo prolongarase ata a 1:00 horas do día seguinte, facilitando así os desprazamentos ao remate das actividades programadas durante esas xornadas.

Durante estas xornadas tamén se establecerán desvíos e paradas provisionais nas liñas afectadas polos cortes de tráfico previstos con motivo das festas.

O Concello anima á cidadanía a utilizar o transporte público para os seus desprazamentos durante o San Froilán, especialmente nas xornadas nas que a circulación poderá verse condicionada polos cortes de tráfico.

Toda a información sobre horarios, percorridos, desvíos e paradas provisionais pode consultarse no decreto que se adxunta.

Documento

Noticias relacionadas