QUEIMA INCONTROLADA
Ás 22.30 horas do martes 22 a Sala do 092 recibe información sobre a existencia dunha fogueira na zona de Mazoi, polo que comisiona no lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno. Os axentes localizan o lume, comprobando que se trata dunha fogueira na que se están queimando lixo, diversos enxovais e electrodomésticos, realizándose nunha zona adxacente a un camiño e sen ningún tipo de medida de seguridade, polo que foi inmediatamente controlado e extinguido polo Servizo de Prevención de Incendios.
Tras realizar as indagacións oportunas, os axentes procederon á identificación da presunta autora da queima, confeccionando a correspondente acta de infracción, ao atoparse declarado na Comunidade Autónoma de Galicia o risco alto de incendio entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
Ás 16.25 horas do mércores 23, a Sala do 092 comisiona un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio na zona do Carme, desde onde, segundo chamadas telefónicas, sae moito fume. Os axentes comproban que está a arder parte dunha leira con monte raso e matogueira, sendo controlado e extinguido polo Servizo de Extinción de Incendios, que se personou aos poucos minutos.
LOCALIZACIÓN E PRECINTO DE VEHÍCULO
Os axentes do Grupo Operativo Nocturno tamén conseguiron localizar un vehículo que se atopaba estacionado e sobre o cal se atopaba vixente unha orde de precinto, polo que foi trasladado ao Depósito Municipal, onde se deu cumprimento á orde recibida; permanecendo nesa situación ata que o seu titular regularice a situación que deu lugar á medida adoptada.
PRESUNTA AGRESIÓN CON ALLANAMENTO DE DOMICILIO
Ás 17.10 horas do mércores 11, a Sala do 092 comisiona un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio nun domicilio do norte da cidade, xa que, segundo chamadas telefónicas, escóitanse ruídos de discusión e pelexa. Os axentes son informados no lugar de que, instantes antes, unha muller chamara á porta e, tras abrírlle, introdúcese pola forza no domicilio e agrede a unha muller que se atopa no interior, achegando unha descrición física, xa que nese momento se ausentara, non sendo posible a súa localización inmediata.
Aproximadamente hora e media máis tarde, a Sala do 092 recibe un novo requirimento, xa que viron á mesma muller intentando acceder novamente ao edificio. Os axentes trasládanse ao lugar de inmediato e localizan á muller na escaleira, ameazando á presuntamente agredida. Os axentes proceden á detención da muller e ao seu traslado a dependencias policiais, non sen antes ser conducida a un centro sanitario, polo estado de axitación que presentaba.
PRESUNTO DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA
Ás 19.15 horas do mércores 23 os axentes da Unidade de Atestados acoden a un aviso por accidente de circulación nunha glorieta da Avda. Infanta Elena. Unha vez no lugar, comproban que un dos condutores implicados presenta claros signos externos de atoparse baixo os efectos do alcohol, polo que o someten ás probas de detección regulamentarias, nas que arroxa resultados de 1,72 e 1,71 mg/L (case sete veces máis do máximo permitido), motivo polo cal é investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria.

