Esta campaña, contempla diferentes actuacións dirixidas á mocidade para disuadir de determinados hábitos de consumo.
Haberá intervencións na rúa, realizaranse xornadas interactivas para comprobar os efectos e consecuencias perigosas do consumo de alcol e levaranse a cabo sesións informativas e interactivas.

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas (PNsD), concretamente ao subprograma “Lugo Car-Bar” adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, levará a cabo unha “nova campaña de sensibilización vial centrada nos riscos da conducción baixo estímulos como as drogas, o alcohol en particular, o uso do móbil, con diferentes accións de rúa dirixidas á mocidade” explicaba o edil.
Segundo informou o Repetto, esta campaña, contempla diferentes actuacións dirixidas a disuadir á mocidade de determinados hábitos “precisamente nos puntos onde se poidan rexistrar concentracións, sobre todo en horario nocturno, e chama a atención sobre o consumo de alcol e outras substancias” apuntaba.
Concretamente, serán seis as intervencións na rúa, en horario de tarde, que contarán cun aula móvil, un circuíto de kart eléctrico, e un simulador de conducción zonas onde se detecta un amplo número de mozos e mozas para informar das diferentes alternativas que teñen para ocupar o lecer de forma diferente e saudable.
Contémplase ademais a identificación de situacións de risco a través de metodoloxías interactivas para comprobar os efectos e consecuencias perigosas do consumo de alcol, realizando actividades baseadas na demostración dos efectos e consecuencias do alcohol e doutras drogas, podendo para iso ofrecer á mocidade folletos, xogos de habilidades, etc.
Ademáis, está contemplado realizar sesións informativas e interactivas (de 2 horas e media cada unha) sobre a condución baixo os efectos de sustancias psicoactivas e co uso do móbil. As xornadas estarán dirixidas a estudantes, profesorado, familias, profesionais, asociacións e cidadáns en xeral.
INTERVENCIÓNS DE TARDE
Información e demostración das consecuencias do trinomio condución, drogas e móbil. Das 15:30 ás 21:30h.
- 13 de abril na Praza do Camiño Primitivo
- 20 de abril na Praza Aguas Férreas
- 27 de abril na Rúa Benigno Ledo
- 29 de abril no Aparcadoiro As Termas
- 05 de maio na Praza Horta do Seminario
- 06 de maio no parque da Milagrosa
INTERVENCIÓNS DE NOITE
Análise e demostración das consecuencias do binomio condución e drogas. Das 22:00 ás 2:00h.
- 06 de maio na Praza Pío XII
- 13 de maio no Anfiteatro (USC)
- 20 de maio no parque Rosalía de Castro
CHARLAS ABERTAS (Capacidade 100 persoas)
Xornadas de prevención e sensibilización vial: alcohol, outras drogas e móbil. Das 10:30 ás 12:30h.
- 02 de maio no C.C. Uxío Novoneyra
- 10 de maio no C.C. Fingoi
- 18 de maio no C.C. Uxío Novoneyra