A área de Xuventude achega a Lugo os ritmos de DJ Mil cunha Masterclass o próximo venres 27 de decembro

Ana González Abelleira recorda que os máis pequenos poderán desfrutar estes días de xogos tradicionais no soto da Praza de Abastos e dunha xornada multiaventura prevista para o 4 de xaneiro

Xoves, 19 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Xuventude achega a Lugo os ritmos de DJ Mil cunha Masterclass o próximo venres 27 de decembro

A área de Xuventude achegará a Lugo os ritmos de DJ Mil cunha Masterclass o próximo venres 27 de decembro. A actividade terá lugar na propia Casa da Xuventude, dende as cinco da tarde e ata as nove da noite. Catro horas nas que o Dj santiagués lles trasladará a súa experiencia ás e aos participantes que tamén poderán realizar probas na mesa de mezclas.

Pola súa banda, Ana González lembrou que, dentro da programación organizada pola súa concellería para dinamizar o Nadal, terán lugar, proximamente, unha viaxe a Leitariegos para realizar unha ruta invernal con raquetas de neve o 4 de xaneiro que mantén aberto o prazo de inscripción ata o día 2.

“Igualmente, durante todo o período non lectivo ofreceremos clases de pilates, ioga, danza oriental e fusión, tenis de mesa e zumba e, para as máis miúdas e miúdos abriremos o soto da Praza de Abastos, a partir do luns, en horario de 17:00 a 19:00 horas entre semana, e de 11:00 a 13:00 horas os sábados para que, propiciando a conciliación familiar, poidan entreterse en igualdade con xogos tradicionais como a mariola, a chave ou os bolos”, explicou a edil ao tempo que sinalou que haberá 30 prazas dispoñibles cada día, que será necesario reservar con antelación no 010.

“Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 a 14 anos, para os que igualmente organizamos, na Casa da Xuventude, o 4 de xaneiro, unha xornada multiaventura con paintball infantil, scalextris e karts a pedais. Apuntádevos!! Todas estas actividades son abertas e gratuítas”, convidou Ana Abelleira.

Audio

Multimedia

  • A área de Xuventude achega a Lugo os ritmos de DJ Mil cunha Masterclass o próximo venres 27 de decembro

Noticias relacionadas