O Concello adianta a mañá o espectáculo de drons e o desfile de grupos de recreación histórica ante a previsión de choiva

 Ante o mal tempo anunciado para o sábado, a función de 150 drons sincronizados, que será visible desde o miradoiro do Parque Rosalía, trasládase a mañá venres ás 19.30.

As 20.30 horas de mañá, desenvolverase o acto protagonizado polas asociacións romanas e galaicas, na Mosqueira, que tamén se adianta por cuestións climatolóxicas.

Xoves, 27 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Alcaldía do Concello de Lugo decidiu adiantar dous dos actos máis agardados e espectaculares da programación coa que se está a celebrar a declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade, hai 25 anos. Trátase do espectáculo de drons e do acto protagonizado polas asociacións de recreación histórica romanas e galaicas, que finalmente terán lugar na tarde de mañá, ante as previsións de fortes choivas para o sábado, a xornada escollida inicialmente para a súa celebración.

O espectáculo de 150 drons sincronizados ao ritmo dunha composición do músico e instrumentista, Abraham Cupeiro, creada expresamente para este evento, se adianta a mañá venres, a partir das 19.30 horas e será visible desde o miradoiro do Parque de Rosalía. Unha hora máis tarde, terá lugar outro dos actos da programación, que tamén adiántase ao venres, pola mala climatoloxía prevista para o sábado. Trátase do encontro de asociacións romanas e galaicas, que na contorna da Mosqueira realizarán un acendido de lume e unha ofrenda á Muralla. Previamente, ás 20.00 horas concentraranse na praza de Santa María, para de alí partir cara a porta da Estación e á porta de San Pedro, e finalmente unirse fronte á Mosqueira, a partir das 20.30 horas.

Noticias relacionadas