O concelleiro desta área, Jorge Bustos, salientou “a capacidade deste evento para fomentar o arte da oratoria, a comunicación eficaz e o talento entre a mocidade”.
O Círculo das Artes acollerá a final e Relacións Laborais a competición, do 9 ao 11 de abril, con alumnado de ESO, BAC e Universidade de máis de 20 centros galegos.
Bustos lembrou as orixes deste torneo, “no 2024 coa Liga de Oratoria Intercentros, organizada polo Concello de Lugo, e que foi o xerme do denominado Lugo Debate”.

O edil de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, participou esta mañá na presentación da segunda edición do Torneo Lugo Debate, que disputarase os días 9,10 e 11 de abril, coa participación de máis de 200 estudiantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda a comunidade autónoma. Bustos, lembrou durante a súa presentación, celebrada que o xerme deste torneo foi a Liga de Oratoria Intercentros, organizada pola área de Xuventude do Concello de Lugo, no ano 2024, e da que saíu un subcampeón do mundo, como Óscar Rodríguez. Ademais, máis aló de nomes propios e títulos, Bustos sinalou que “desde antes de que se puxera en marcha a primeira edición deste torneo, a actividade do debate e da oratoria sempre estivo presente nas programacións da área de Xuventude do Concello de Lugo. Cremos que fomentar a oratoria, a comunicación eficaz e o talento da mocidade é parte do noso traballo; a palabra convértese en ferramenta e en poder e vimos que en Lugo hai moito talento que debemos apoiar, porqué é parte do futuro da nosa cidade, da comunidade e do país”.
O Círculo das Artes acollerá a final deste torneo, cuxa fase previa tivo lugar a primeiros do mes de marzo no salón de plenos do Concello de Lugo, coa participación de 40 estudiantes lucenses. Só as e os mellores nas habilidades e capacidades que require a oratoria, como o dominio da lingua, a capacidade de transmitir, a de comunicar, a linguaxe non verbal e a elocuencia, serán quen de participar nesta final.
Ademais, o responsable da área municipal de Xuventude, felicitou á asociación Más Debate polo nivel acadado, sinalando que “estamos moi orgullosos do voso emprendemento e altura de miras”. Por iso, sinalou, “desde o Concello de Lugo seguiremos apoiando estes proxectos, non só con contías económicas, senón axudando a medrar, para dar así máis oportunidades á xente moza, que pode atopar na oratoria habilidades que poden marcar a diferencia de cara ao seu futuro laboral”.
Por último, Jorge Bustos, tivo tamén palabras de agradecemento ás e aos docentes dos distintos centros educativos, polo apoio que prestan ao alumnado, ao traballo de Más Debate e por, en definitiva, involucrarse na formación da palabra”.


