O Concello de Lugo pon a disposición da veciñanza as renovadas escaleiras da Rúa Santiago, convertidas en novo referente de arte urbana

A intervención enmárcase no programa Urban Cores e contou coa participación dos artistas Diego As, Muro Mola e Van Kraft.

O edil Jorge Bustos, xunto á presidenta da Asociación de Veciños Parque Rosalía-Recatelo, Marta Fernández, acompañou á veciñanza na primeira visita ao espazo.

Luns, 18 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pon a disposición da veciñanza as renovadas escaleiras da Rúa Santiago, convertidas en novo referente de arte urbana

O Concello de Lugo puxo hoxe a disposición da cidadanía as escaleiras da Rúa Santiago, que enlazan con Cidade de Viveiro e que foron rexeneradas a través dunha intervención artística do programa municipal Urban Cores.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, destacou que “estes murais son un exemplo de como a arte urbana contribúe a humanizar espazos e a fortalecer o orgullo veciñal, convertendo áreas degradadas en lugares de encontro e de interese para toda a cidade”.

Na visita, na que tamén participou Marta Fernández, presidenta da Asociación de Veciños Parque Rosalía-Recatelo, os residentes puideron comprobar de primeira man a transformación deste paso fronte ao colexio das Pepas, agora cheo de cor e vida grazas ás creacións de Diego As, Muro Mola e Van Kraft.

Noticias relacionadas