Miguel Fernandez, concelleiro de medio rural ‘O gasto aprobado é de 19.246 € para facer fronte a esta prórroga ata final de ano’
Aprobadas as prorrogas de Billarda S.L. e Combina Social S.L. para a prestación do servicio de información e dinamización

Esta maña en Xunta de Goberno aprobáronse as prórrogas das empresas do servizo de información e dinamización dos centros de dinamización sociocultural propiedade do Concello de Lugo, sitos nas antigas escolas rurais, coma son San Xoán do Campo, Calde / San Pedro, Coeses (María Madanela), Saa (Santiago), Santa María de Bóveda, Santa Comba (Santa Engracia) e Rubiás (Vila Arriba).
As empresas son: Billarda S.L. e Combina Social S.L.
Miguel Fernandez, portavoz e Concelleiro de Medio Rural explica que “é un modelo de programación aberto no que os usuarios e usuarias van poder elixir entre as posibilidades ofertadas de ximnasias, con todas as súas variantes, distintos tipos de manualidades, e mesmo actividades terapéuticas, conformando un amplo abanico de posibilidades do cal disfrutaron máis de trescentos veciños do rural de todas as idades pola diversidade dos talleres e campamentos”.
O Concelleiro de medio rural aclara que “o gasto aprobado é de 19.246 € para facer fronte a esta prórroga ata final de ano con cargo o orzamento actual” Concretamente nos campamentos de verán pensados para axudar na conciliación participaron case 100 nenos e nenas.
Audio
- Audio da Xunta de Goberno do 07/08/2019 | Descargar mp3