Ana Abelleira despediu aos veciños e veciñas que gozarán desta xornada lúdica e cultural
A seguinte das citas será o mércores 27, cuxa visita será as praias de Malpica e Vimianzo
- Tema

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, achegouse este xoves á Praza de Bretaña para desexarlle unha boa viaxe ás persoas que no día de hoxe realizan unha excursión á praia á Cariño, subvencionada polo Concello. Esta actividade fora aprazada por mor da folga dos buses.
Esta é a primeira das viaxes enmarcadas dentro da programación sociocultural que organiza a Concellería de Benestar Social, encamiñada a ofertar alternativas de lecer a veciños e veciñas. A seguinte das citas será o mércores 27, cuxa visita será as praias de Malpica e Vimianzo; o 3 de agosto, con Ferrol como destino e parada en As Pontes e, por último, o 17 do mesmo mes, irán a San Cibrao, parando en Mondoñedo. Como sempre, o Concello ten previstas alternativas en caso de facer mal tempo.