Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ocupadas todas as prazas para a excursión á praia a Cariño, subvencionada polo Concello

Ocupadas todas as prazas para a excursión á praia a Cariño, subvencionada polo Concello

Ana Abelleira despediu aos veciños e veciñas que gozarán desta xornada lúdica e cultural

A seguinte das citas será o mércores 27, cuxa visita será as praias de Malpica e Vimianzo

  • Tema
    • Benestar social
Xoves, 20 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ocupadas todas as prazas para a excursión á praia a Cariño, subvencionada polo Concello

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, achegouse este xoves á Praza de Bretaña para desexarlle unha boa viaxe ás  persoas que no día de hoxe realizan unha excursión á praia á Cariño, subvencionada polo Concello. Esta actividade fora aprazada por mor da folga dos buses.

Esta é a primeira das viaxes enmarcadas dentro da programación sociocultural que organiza a Concellería de Benestar Social, encamiñada a ofertar alternativas de lecer a veciños e veciñas. A seguinte das citas será o mércores 27, cuxa visita será as praias de Malpica e Vimianzo; o 3 de agosto, con Ferrol como destino e parada en As Pontes e, por último, o 17 do mesmo mes, irán a San Cibrao, parando en Mondoñedo. Como sempre, o Concello ten previstas alternativas en caso de facer mal tempo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ocupadas-todas-prazas-para-excursion-praia-carino-subvencionada-polo-concello