O punto informativo sobre a participación da mocidade na Axenda Urbana 2030 estará instalado o día 20 na piscina de Frigsa

O acceso será gratuíto para os menores de 30 anos para promover a súa implicación.

Luns, 18 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O punto informativo sobre a participación da mocidade na Axenda Urbana 2030 estará instalado o día 20 na piscina de Frigsa

O Concello de Lugo organizará este mércores unha xornada informativa sobre os obxectivos da Axenda Urbana 2030 centrada nos intereses da mocidade co obxectivo de incentivar que se sumen ao proceso de participación cidadá que se porá en marcha para escoitar as súas ideas, inquietudes e motivacións. A mesa estará instalada pola tarde nas piscinas exteriores de Frigsa este mércores, día 20.

Para animar á xuventude a participar, ese mércores o acceso será gratuíto para os menores de 30 anos.

A xornada esta pensaba como canle de información para explicarlle á mocidade que é a Axenda Urbana, impulsada pola alcaldesa Lara Méndez, ao tempo que se lles animará a participar no primeiro encontro de participación cidadá que terá lugar o vindeiro 27 de xullo na Casa Consistorial. Nestes encontros se debaterá sobre os retos e desafíos do futuro e sobre as propostas en materia de mobilidade, medio ambiente, vivenda, inclusión social, participación cidadá, emprego e economía circular.

O Plan de Acción da Axenda Urbana, baixo o paraugas Lugo Cidade Viva, é a folla de ruta coa que se dotará a cidade para marcar a estratexia que dará continuidade a deseñada e posta en marcha xa no mandato pasado coa sostibilidade como eixo transversal.

Noticias relacionadas