O investimento na Zona Rural aumentou un 826% nos últimos nove anos

Mércores, 07 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O investimento na Zona Rural aumentou nos últimos nove anos un 826%. Así o anunciou o Concelleiro de Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, que fixo referencia a que no 1998, no último ano no que foi Alcalde Joaquín García Díez, o investimento en obras foi de 37.675.000 pesetas, mentres que no 2007 é de 496.682.210 pesetas.

Ademais, o Concelleiro lembrou que hoxe aprobaron en Xunta de Goberno Local os proxectos para a instalación do saneamento público en varias parroquias. Deste feito, o Concello remata o seu labor para que en Camiño de Liñares, Bosende, Casas Novas e nunha zona da Piringalla podan comezar as obras, que son responsabilidade da Xunta de Galicia.

O orzamento total para as obras nesta categoría é de 1.557.694 euros.

O Concelleiro lembrou que tamén se están realizando os traballos de recuperación de cinco escolas rurais para a súa utilización como centros de reunión, locais sociais, telecentros ou pequenos centros de día.

Fernández Liñarez suliñou tamén que actualmente na zona rural de xeito continuado están a traballar un total de 16 persoas: 1 encargado, 5 operarios, 4 persoas na brigada eléctrica, 2 condutores de camión, 2 palistas e 2 tractoristas, “polo que non entendo como se pode dicir que está abandoada e propoñer menos xente da que actualmente está a traballar”. Con esta frase, o Concelleiro fixo fronte as críticas sobre este particular do ex alcalde.

O Concelleiro de Zona Rural remarcou que con este equipo de goberno o traballo realizado foi superior ao feito en calquera outro momento da historia de Lugo.

Noticias relacionadas