O Goberno de Lara Méndez iluminará de verde a Casa Consistorial e a pasarela Tanxurela sobre a N-VI polo Día Mundial contra o Cancro

A rexedora lembra que a “mellor forma de loitar contra esta patoloxía é dotando á Sanidade de máis medios e de maiores fondos para a investigación”.

Xoves, 03 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro en apoio á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que se celebra mañá, iluminando de cor verde, a partir das 19.00 h., a fachada da Casa Consistorial, incorporando xa a esta conmemoración á nova pasarela sobre a N-VI, a Tanxurela, para darlle unha maior visibilidade a esta loita.

O Goberno local tamén financia a instalación da cartelaría na cidade para concienciar á poboación, e lembra que “a mellor forma de loitar contra esta patoloxía é dotar á Sanidade de máis medios e de maiores fondos para a investigación”, reinvindicou a alcaldesa, Lara Méndez.

Noticias relacionadas