A Corporación Local súmase á condena de novos asasinatos machistas, tres deles de mulleres e dunha nena de tres anos

Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa por estes crimes, que elevan a 14 as mortes de mulleres por violencia de xénero e a tres os asasinatos de menores no que vai de ano.

Martes, 24 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Local súmase á condena de novos asasinatos machistas, tres deles de mulleres e dunha nena de tres anos

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa por tres novos crimes machistas doutras tantas mulleres e tamén polo asasinato dunha nena de tres anos. A concentración levouse a cabo trala confirmación destes catro casos como violencia de xénero: María Paloma, de 53 anos, en Huesca; Mercedes, de 64 anos, en Cantabria; Ainhara, de 3 anos, en Alicante; e Silvia María, de 49 anos, en Zaragoza.

Ante a Subdelegacion do Goberno recordouse que con estas catro mortes, no que levamos de ano, xa houbo 14 mulleres asasinadas, vítimas da violencia de xénero a mans das súas parellas ou ex parellas, ás que se suman os crimes de tres menores.

Multimedia

  • A Corporación Local súmase á condena de novos asasinatos machistas, tres deles de mulleres e dunha nena de tres anos

Noticias relacionadas