A área de Xuventude desenvolverá nos meses de marzo e abril sete xornadas de ampla saída laboral, para as que xa están abertas as inscricións na web www.lugomasxti.org.
As instalacións de Zertín Formación, no Ceao, acollerán os cursos, que terán unha duración de entre 8 e 18 horas e que están dirixidos a mozos e mozas de 18 e 39 anos.
Poderán formarse como operarios de instalación de placas solares; plataforma elevadora; traballos verticais suspendidos ou de carretillas elevadoras, entre outras ofertas.

A área de Xuventude do Executivo de Paula Alvarellos ven de abrir o prazo de inscripción para sete cursos gratuítos de formación en alturas, para os que hai un total de 137 prazas. Trátase de promover novas oportunidades laborais en traballos de boa saída laboral, polo que esta iniciativa, incluída no programa +xti, oferta sete cursos que se desenvolverán en distintas xornadas os meses de marzo e Abril. Trátase de formación para traballar como operario de produción transpaleta e apilador; plataforma elevadora móbil de persoas; traballos en altura; instalación de placas solares; operario de carretilla elevadora; traballos verticais suspendidos; e operario de telecomunicacións en alturas, risco eléctrico e espazos confinados.
O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, puxo en valor esta oferta formativa, que está subvencionada polo Plan Nacional de Drogas ao abeiro do programa +Xti, que desenvolve o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo. "O obxetivo é ofertar á xuventude de Lugo opcións formativas en sectores cada vez máis demandados, para que poidan formarse como persoal cualificado e atopar así unha saída laboral en profesións estables", explicou o edil.
A inscrición para participar nestas actividades de formación xa está aberta na web www.lugomasxti.org, onde no apartado de actividades e inscricións pódese atopar toda a infromación sobre horarios, datas e prazas. A selección se fará por rigorosa orde de inscrición, ata esgotar prazas e se dará preferencia ás persoas desempregadas. Os destinatarios son lucenses de entre 18 e 39 anos, que deberán estar empadroados en Lugo. As clases impartiranse nas instalacións de Zertín Formación, no polígono do Ceao.
No mes de marzo desenvolveranse o curso de operario de produción transpaleta e apilador, o de plataforma elevadora, para o que hai dous grupos, e o de traballos en altura. Hai un total de 75 prazas para os tres e o prazo de inscrición remata o 27 de febreiro. O resto de cursos, para instalar placas solares, carretilla elevadora, traballos verticais suspendidos e operario de telecomunicacións porán a disposición 72 prazas e se desenvolverán no mes de abril. A inscrición para estes catro cursos estará aberta do 6 ao 13 de marzo.

