O Executivo de Paula Alvarellos comeza a obra de renovación do céspede artificial de A Polvoreira

A actuación, que terá un importe de 169.506,22 euros e foi adxudicada a empresa Calfensa, se desenvolverá nas próximas semanas para que os campos estean en óptimas condicións ao inicio da tempada deportiva.

A rexedora visitou hoxe as instalacións acompañada polo concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos; e os representantes dos clubs que empregan a instalación para informarlles do procedemento e períodos nos que se desenvolverá a mellora.

“Este proxecto é un exemplo da nosa dedicación e esforzo por conservar as nosas infraestruturas nun estado óptimo, nun claro exemplo do que afirmamos cando dicimos que Lugo é deporte”, destacou a alcaldesa.

Martes, 30 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos comeza a obra de  renovación do céspede artificial de A Polvoreira

O Executivo de Paula Alvarellos comeza a obra de renovación do céspede artificial de A Polvoreira. A rexedora visitou hoxe as instalacións, cuxas melloras terán un custo de 169.506,22euros e foron adxudicadas á empresa Calfensa, acompañada polo concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, e representantes dos clubs que utilizan estas instalacións. Durante a visita, informouse aos axentes do tecido asociativo deportivo sobre os detalles da actuación que se vai levar a cabo nun terreo de xogo que cada ano empregan máis de 1.500 cativos e cativas.

A alcaldesa subliñou o compromiso do Goberno local “coa mellora continua das nosas instalacións deportivas para ofrecer as mellores condicións aos nosos cidadáns e deportistas”. Alvarellos asegurou que “este proxecto é un exemplo da nosa dedicación e esforzo por conservar as nosas infraestruturas nun estado óptimo, nunha clara mostra do que afirmamos cando dicimos que Lugo é deporte”.

A adxudicación das obras realizouse por un importe de 169.506,22 euros e os traballos se desenvolverán nas próximas semanas para que os campos estean en óptimas condicións ao inicio da tempada deportiva. A firma que executará as actuacións, Calfensa xa acreditou experiencia nesta labors como demostran renovacións semellantes como a dos campos municipais de As Gándaras, e conta cunha ampla traxectoria no coidado de instalacións deportivas de clubs profesionais.

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, destacou que “con esta obra, reforzamos o noso apoio ao deporte local e aseguramos que o Campo de A Polvoreira cumpra cos máis altos estándares de calidade. A nosa meta é que os clubs e deportistas poidan gozar destas melloras desde o inicio da tempada.” Ao respecto, Paula Alvarellos puxo en valor “a importancia que ten o tecido asociativo na formación, transmisión de valores e fomento de hábitos saudables entre as novas xeracións”, algo que, según a propia rexedora, “fai ineludible o noso apoio á súa actividade e a atención ás súas necesidades, como pode ser a actuación que imos acometer nestas instalacións”.

Por último, o edil recordou que “coa obra que acometeremos, constátase a vontade do Goberno local de ir renovando na medida do posible as máis de 30 instalacións que cede gratuitamente ao tecido asociativo, fundamentais para que poida desenvolver o seu labor. Ademais, esta actuación é moi precisa polo alto volume de utilización que ten o terreo de xogo ao longo de toda a tempada, todas as semanas.”

Os traballos iniciaranse de inmediato, co obxectivo de que o terreo de xogo estea listo para o comezo das competicións e o período lectivo do CEIP das Mercedes.

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos comeza a obra de  renovación do céspede artificial de A Polvoreira

Noticias relacionadas