O Concello realizará obras de mellora na Casa da Xuventude investindo máis de 20.000 euros

Os traballos consistirán na mellora da fachada exterior do edificio municipal, así como a limpeza e o peche da parcela na que se atopaba ubicado

Levaranse acabo tarefas de reparación de fendas na medianeira do inmoble, por importe de 7.715 euros e instalaranse mallas para pechar o terreo no linde coa parecela superior e na parte frontal coa Rúa das Artes, por valor de 12.464 euros

Xoves, 06 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello realizará obras de mellora na Casa da Xuventude investindo máis de 20.000 euros

O Concello de Lugo acometerá obras de mellora na Casa da Xuventude investindo máis de 20.000 euros. En concreto, os traballos afectarán a medianeira e ao peche das inmediacións. A empresa encargada de realizalas será Urbaconsa. Con estas obras mellorarase a fachada exterior do edificio municipal e procederase á limpeza e peche da parcela na que se atopa ubicado.

Os traballos de reparación de fendas no peche da medianeira da Casa da Xuventude coa parecela lindeira, buscan corrixir a fenda horizontal existente, coincidente coa parte inferior do forxado da planta primeira do edificio, fenda que presenta un desprazamento horizontal cara a parcela colindante.

Para iso, executaranse  as seguintes tarefas: corte limpo do morteiro monocapa, co fin de conseguir un bo encontro no acabo final entre o pano a executar e o existente, escavación de terras da parcela colindante, demolición completa da folla exterior de fábrica de ladrillo, na dimensión total de 11,30 metros, execución de ancorazes, execución dun muro de fábrica de bloque armado, cosido lateral, execución de lmánica impermeable, recheo con terras da escavación realizada e enfuscado impermeable completo da fábrica de bloque armado. Tamén se acometerá o pintado final da medianeira completa (incluso a parte non afectada pola obra). O orzamento destas obras, que contemplan actuación previas, cerramento e pinturas é de 7.715 euros.

En canto ao peche completo da parcela na que se atopa a Casa da Xuventude, as tarefas céntranse no que se refire pola súa fronte á rúa das Artes, e coa parcela colindante pola súa parte superior. Con caracter previo á execución do peche, acometerase o desbroce e limpeza do conxunto das inmediacións da parcela onde está a Casa da Xuventude.

Executaranse dous tipos de peche diferenciados. No que se refire ao peche co linde da parcela superior, parcialmente xa pechada pola propia construcción da Casa da Xuventude, executarase un peche lixeiro e facilmente desmontable á vista de que no seu día na parcela colindante optarase pola construcción permitida polo planeamento. Executarase un peche formado por unha malla de simple torsión, galvanizado e postes de aceiro galvanizado. Ancorados a unha riostra corrida armada con varillas de 8 mm e cercos de 8 mm cada 30 cm. Acabado pintado en gris claro.

No caso do peche na súa fronte coa rúa da Artes, executarase un peche permanente, formado por paneis de malla electrosoldada de 50*50 mm de paso de malla e 4 mm de diámetro galvanizado, con bastidor de perfil cadrado de aceiro galvanizado e postes de perfil cadrado de aceiro galvanizado, ancorado ao muro de formigón armado. Acabado do conxunto pintado en cor gris claro. O orzamento destas tarefas é de 12.464 euros.

Audio

  • A edil de Xuventude, Ana Abelleira, sobre as obras da Casa da Xuventude | Descargar mp3

Noticias relacionadas