Jorge Bustos acusa a Xunta de mentir deliberadamente e boicotear de xeito intencionado a mellora de Serra de Meira ao non remitir o proxecto ao Concello para culminar a firma do convenio

Sen esta documentación, o expediente non pode ser informado polos servizos municipais de Enxeñaría e Urbanismo e polo tanto nin avanzar no procedemento, ao tratarse dunha condición sine qua non para a formalización do acordo entre administracións.

O Goberno local  afirma que esta omisión non responde a unha cuestión técnica senón a unha decisión política que está bloqueando a relación ordinaria entre ambas institucións, impedindo que Lugo avance nunha intervención estratéxica.

Jorge Bustos cualificou a situación de “inaceptable desde o punto de vista institucional e profundamente prexudicial para Lugo”, subliñando que “non existe ningún impedimento que xustifique a paralización, senón unha falta de vontade política evidente”.

O edil engadiu que “o Concello está preparado para tramitar o expediente de inmediato e poñer os terreos á disposición en canto a Xunta cumpra coa súa obriga básica de remitir o proxecto”.

Venres, 20 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Jorge Bustos acusa a Xunta de mentir deliberadamente e boicotear de xeito intencionado a mellora de Serra de Meira ao non remitir o proxecto ao Concello para culminar a firma do convenio

O Concello de Lugo acusa á Xunta de Galicia de boicotear de maneira deliberada a tramitación do convenio para a mellora da rúa Serra de Meira ao non remitir o proxecto construtivo da actuación, un documento imprescindible para continuar coa tramitación administrativa. Este documento foi requerido en varias ocasións a Conselelría sen que a día de hoxe fora recibido polo Administación local. Sen esta documentación, o expediente non pode ser informado polos servizos municipais de Enxeñaría e Urbanismo e polo tanto nin avanzar no procedemento, ao tratarse dunha condición sine qua non para a formalización do acordo entre administracións.

O Goberno local considera que esta omisión non responde a unha cuestión técnica senón a unha decisión política que está bloqueando a relación técnica ordinaria entre ambas institucións, impedindo que Lugo avance nunha intervención estratéxica para a zona leste da cidade. Neste contexto, o Executivo municipal acusa directamente ao delegado territorial da Xunta en Lugo e ao grupo municipal do Partido Popular de faltar á verdade nas súas manifestacións públicas, ao atribuír ao Concello a responsabilidade dun atraso que, segundo subliña, deriva exclusivamente da falta de remisión do proxecto autonómico.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, lembra que a actuación forma parte do Plan Paradai e que tanto o Concello como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil cumpriron xa cos compromisos asumidos, polo que resulta incomprensible que a Xunta continúe demorando o proceso. O rexedor destaca ademais que foi el mesmo quen conseguiu desbloquear a situación política existente tras a reunión mantida coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, na que o 14 de outubro quedou fixado o compromiso de que a administración autonómica asumiría o 100 % do custo da obra, acordo que posteriormente non se viu reflectido no convenio remitido ao Concello.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, cualificou a situación de “inaceptable desde o punto de vista institucional e profundamente prexudicial para Lugo”, subliñando que “non existe ningún impedimento técnico nin urbanístico que xustifique a paralización, senón unha falta de vontade política evidente”. Bustos incidiu en que “sen proxecto non hai informes, sen informes non hai convenio e sen convenio non hai obra”, advertindo de que “o Partido Popular está trasladando á opinión pública un relato que non se corresponde coa realidade administrativa”. O edil engadiu que “o Concello está preparado para tramitar o expediente de inmediato e poñer os terreos á disposición en canto a Xunta cumpra coa súa obriga básica de remitir o proxecto”.

O Goberno municipal reitera así a súa disposición á colaboración leal entre administracións, pero reclama responsabilidade e cumprimento dos compromisos adquiridos para que a mellora da rúa Serra de Meira poida materializarse sen máis atrasos. O Executivo lembra que o deterioro progresivo da vía, unido á intensidade do tráfico e ás condicións meteorolóxicas, continúa xerando problemas de seguridade e mobilidade para a veciñanza, polo que considera prioritario que a Xunta execute a actuación comprometida e abandone unha actitude que, ao seu xuízo, está freando o desenvolvemento dunha infraestrutura clave para a cidade.

Audio

  • Jorge Bustos, sobre a mellora de Serra de Meira | Descargar mp3

Noticias relacionadas