Os danos máis importamntes se cocentran nun tramo de aproximadamente 10 metros de lonxitude cuxo firme colapsou de forma casi completa.
Esta actuación enmárcase no dispositivo de resposta activado polo servizo municipal ante os efectos das recentes inclemencias meteorolóxicas, que nos últimos días obrigaron á Brigada do Rural a atender preto dunha decena de incidencias urxentes en distintos puntos do municipio.
Co fin de garantir a seguridade durante a execución das tarefas, o tramo permanecerá pechado á circulación ao longo da xornada de mañá, polo que desde o Goberno local solicítase á veciñanza que empregue itinerarios alternativos nos seus desprazamentos habituais mentres duren as intervencións.

O Concello de Lugo informa de que a partir de mañá a Brigada do Rural iniciará traballos de reparación na vía situada na contorna da igrexa de Vilachá de Ribas de Miño, tras detectarse diversos danos no pavimento provocados polas reiteradas choivas das últimas semanas e agravados polo último temporal.
A actuación desenvolverase con carácter de urxencia co obxectivo de restituír as condicións de seguridade e transitabilidade da estrada, mobilizando para iso maquinaria do parque móbil municipal e persoal especializado da brigada da zona rural. Os traballos centraranse na reposición e acondicionamento do firme afectado polos deterioros ocasionados pola acumulación de auga e a perda de consistencia do pavimento.
Co fin de garantir a seguridade durante a execución das tarefas, o tramo permanecerá pechado á circulación ao longo da xornada de mañá, polo que desde o Goberno local solicítase á veciñanza que empregue itinerarios alternativos nos seus desprazamentos habituais mentres duren as intervencións.
Esta actuación enmárcase no dispositivo de resposta activado polo servizo municipal ante os efectos das recentes inclemencias meteorolóxicas, que nos últimos días obrigaron á Brigada do Rural a atender preto dunha decena de incidencias en distintos puntos do municipio, fundamentalmente relacionadas con desperfectos en vías e pistas municipais, así como con problemas en canalizacións de augas pluviais.
O Executivo municipal subliña así a capacidade de resposta dos servizos operativos para dar solución ás incidencias que afectan ao viario e ás infraestruturas básicas do rural, co obxectivo de preservar a seguridade viaria e manter en condicións óptimas os servizos públicos en todo o territorio municipal.

