O concello finaliza as tarefas de limpeza na Catedral de Lugo, e condena os actos vandálicos que danan o Patrimonio

A Catedral de Lugo é un edificio catálogado como Patrimonio da Humanidade e Ben de Interese Cultural

O edil fai un chamamento “ó civismo dos veciños e veciñas de Lugo, recordando que este acto vandálico ten un custe para todos”

Luns, 26 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello finaliza as tarefas de limpeza na Catedral de Lugo, e condena os actos vandálicos que danan o Patrimonio

A área de Medio Ambiente, finalizou esta maña as tarefas de limpeza na Catedral de Lugo debido ao acto vandálico do que foi vítima esta fin de semana este edificio catálogado como Patrimonio da Humanidade e Ben de Interese Cultural.

Para proceder á limpeza, a empresa encargada utiliza productos químicos especiais que non causan estragos na superficie afectada.

Alvaro Santos fai un chamamento “ó civismo dos veciños e veciñas de Lugo, recordando que este acto vandálico ten un custe para todos e lembra que o Código Penal castiga aos que derruben ou alteren gravemente edificios singularmente protexidos polo seu interese histórico, artístico, cultural ou monumental”.

Santos lembra que o Concello ten implantado o servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’ dende o ano 2002 de tal xeito que se eliminan as pintadas “que nada teñen que ver co atractivo traballo que realizan recoñecidos grafiteros”.

Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do  concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas Debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre as pintadas da Catedral de Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas