O Concello fai máis accesible o campo municipal de fútbol José María Rodríguez Lago, situado nas Gándaras

Miguel Fernández supervisou as actuacións, grazas ás que se eliminan escadas e outras barreiras arquitectónicas e se pavimenta o perímetro do campo en baldosa

Martes, 13 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello fai máis accesible o campo municipal de fútbol José María Rodríguez Lago, situado nas Gándaras

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este martes as obras que a entidade local está realizando no campo municipal de fútbol José María Rodríguez Lago, situado nas Gándaras. Con estas melloras, o Concello fai máis accesible este espazo deportivo, do que o edil destacou o seu volume de actividade deportiva ao longo de todo ao ano, xa que nestas instalacións entrenan habitualmente 27 equipos distintos, pertencentes ao Club Deportivo Lugo, o S.D. Sagrado Corazón, S.G. Comercial, Sporting Lucense, San Lázaro e Franciscanos. 

Deste xeito, con estas actuacións, que se enmarcan dentro da aposta da entidade local tanto por unha igualdade real e efectiva e polo deporte, estanse a eliminar escadas e outras barreiras arquitectónicas e a pavimentar o perímetro do campo en baldosa. 

Con estas melloras, que arrincaron neste mes e que estarán rematadas, previsiblemente, antes de que acabe o ano, gañarase non soamente en accesibilidade, senón tamén en seguridade, ademais de ofrecer unhas condicións ópticas para gozar neste espazo, tanto os propios deportistas como os usuarios en xeral que asisten aos entrenamentos ou competicións. 

Noticias relacionadas