Jorge Bustos anuncia a construción dunha Cidade do Deporte en San Fiz

A contratación do proxecto que sairá a licitación este mes por un importe superior aos 300.000 euros e permitirá desenvolver o maior complexo deportivo planificado na cidade no século XXI.

A nova instalación contará cun pavillón de tres canchas, campo de fútbol e campo de rugby ademais de instalacións complementarias que darán cabida a unha ampla variedade de disciplinas deportivas.

“Este proxecto é o resultado de máis de dous anos de traballo e dun minucioso estudo das necesidades reais do deporte lucense, o noso obxectivo é satisfacer as necesidade deportivas da cidade para as próximas xeracións”, sinalou o edil.

Mércores, 14 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Jorge Bustos anuncia a construción dunha Cidade do Deporte en San Fiz

O concelleiro de Urbanismo, Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, anunciou esta mañá a contrucción dun gran complexo deportivo no barrio de San Fiz. Trátase dunha infraestrutura estratéxica destinada a dotar ao nutrido e diverso tecido deportivo de Lugo de novas instalacións modernas, funcionais e adaptadas ás necesidades actuais e futuras. A contratación do proxecto que sairá a licitación este mes por un importe superior aos 300.000 euros e permitirá desenvolver o maior complexo deportivo planificado na cidade no século XXI. “O prazo de execución é de cinco meses. A previsión é que contemos co proxecto definitivo despois de verán”, explicou edil.

A nova Ciudad do Deporte concíbese como un complexo integral de referencia. O proxecto contempla a construción dun novo pavillón deportivo que permitirá o desenvolvemento simultáneo varias disciplinas, grazas á existencia de tres canchas deportivas independentes. Contará ademais cunha sala de musculación de case 200 metros cadrados e varias pistas de squash así como espazos polivalentes. Así mesmo, prevese a creación dun novo  campo de fútbol e dun campo de rugby, ampliando de maneira notable a capacidade da cidade para acoller adestramentos, competicións e eventos deportivos de distinto nivel. En total o complexo contará cunha superficie 24.470 metros construídos. O proxecto desenvolverase sobre unha parcela cunha extensión de maís de 32.000 metros cadrados e contará cunha superficie de 24.890 metros cadrados.

“Lugo é deporte. Lugo respira deporte polos catro custados e ese é un dos nosos grandes trazos identitarios”, sinalou o edil. Bustos quixo poñer en valor a dimensión social, educativa e comunitaria do leste gran proxecto de cidade, afirmando que “potenciar o deporte é investir en formación, en saúde e en cohesión social. É unha ferramenta clave para promover hábitos de vida saudables, para xerar valores como o esforzo, o respecto e o compañeirismo, e para reforzar os lazos afectivos dentro da comunidade. Unha ferramenta para a integración e en definitiva  un potenciador da calidade de vida no noso municipio”.

O conxunto completarase con instalacións  de apoio como vestiarios, bancadas e outros servizos comúns, deseñados para ofrecer as mellores condicións tanto a deportistas como a clubs e público. Trátase do maior complexo deportivo planificado na cidade no século XXI e, segundo destacou o edil, aspira a “abrir un horizonte que era impensable en Lugo ata fai moi pouco”.

Neste sentido, Jorge Bustos subliñou que “este proxecto é o resultado de máis de dous anos de traballo á fronte da área e dun minucioso estudo das necesidades reais do deporte lucense, tras centos de horas de conversación con todos os axentes que conforman o tecido deportivo da cidade”.

Audio

  • Jorge Bustos, sobre a construción dunha Cidade do Deporte en San Fiz | Descargar mp3

Multimedia

  • Jorge Bustos anuncia a construción dunha Cidade do Deporte en San Fiz

Noticias relacionadas