O alcalde pon en valor os méritos do deporte feminino lucense ao máis alto nivel, na recepción ao Emevé e ao Ensino, antes da Copa da Raíña

O rexedor desexou sorte ás xogadoras e corpos técnicos dos equipos de voleibol e baloncesto, que disputarán este torneo da elite nacional do 22 ao 25 de xaneiro e a finais de marzo, respectivamente.

Luns, 12 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde pon en valor os méritos do deporte feminino lucense ao máis alto nivel, na recepción ao Emevé e ao Ensino, antes da Copa da Raíña

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá ás xogadoras, corpos técnicos e parte dos cadros directivos do Club Voleibol Arenal Emevé e do Club Baloncesto Durán Maquinaria Ensino, equipos que militan na Liga Iberdrola e na Liga Endesa, respectivamente, o que supón competir ao máis alto nivel nacional en ambas disciplinas, non só nas ligas nacionais senón tamén noutros torneos de prestixio, como é a Copa da Raíña, competición para a que se clasificaron ambos equipos.

Miguel Fernández agradeceu o esforzo e o traballo ás xogadoras e adestradores, e destacou “o papel que xogan, máis aló do aspecto deportivo, nos eidos da igualdade, do impulso do deporte base, e tamén na promoción da propia cidade, desde o punto de vista turístico”. Ademais, o rexedor chamou a atención “sobre o difícil que é para unha cidade ter dous equipos femininos que militen na máxima categoría nacional, e máis aínda que os dous logren a súa clasificación para disputar a Copa da Raíña”.

Neste sentido, Miguel Fernández lles desexou sorte de cara a esta competición, moi próxima para o equipo que adestra Alberto Chaparro, que está previsto que arranque a súa participación na Copa da Raíña, o vindeiro día 22 de xaneiro contra o club anfitrión, o Avarca Menorca. Tamén emprazou ao conxunto que adestra Suso Garrido a facer unha moi boa competición na Copa da Raíña de baloncesto, en Tarragona, do 26 ao 29 de marzo, e desexoulles sorte no sorteo do cadro, que terá lugar este mércores. Por último, o alcalde de Lugo agradeceu o labor dos presidentes do Emevé e do Ensino, Bibi Bouza e Manuel Durán, respectivamente, así como o dos dous corpos técnicos e patrocinadores, “que contribúen a que a cidade sexa referente no baloncesto e no voleibol feminino ao máis alto nivel nacional”, sinalou.  

Multimedia

  • O alcalde pon en valor os méritos do deporte feminino lucense ao máis alto nivel, na recepción ao Emevé e ao Ensino, antes da Copa da Raíña

Noticias relacionadas