Ao redor de 1.200 deportistas tomarán parte na carreira Lugo Monumental deste domingo, que adianta unha hora a súa saída

A área de Deportes decidiu o cambio de horario para que os cortes de tráfico interfiran o menos posible nos desprazamentos cara ao partido Breogán-Bilbao, ás 12.00 no Pazo.

A vixésimo segunda edición da proba comezará ás 10.00, coa primeira das 17 categorías, mentres que a carreira dos 10 quilómetros para adultos comezará media hora despois.

O tráfico na contorna da muralla reabrirase ás 11.15 e permanecerá pechado ata as 12.30 horas en Clérigos, Bispo Aguirre, Rodríguez Mourelo, Praza Avilés e Ramón Ferreiro.

Martes, 16 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ao redor de 1.200 deportistas tomarán parte na carreira Lugo Monumental deste domingo, que adianta unha hora a súa saída

As inscripcións na vixésimo segunda edición da carreira popular Lugo Monumental Gran Premio CaixaBank vén de pecharse cunha participación de ao redor de 1.200 deportistas, uns datos que manteñen a tendencia ao alza do pasado ano, cara a disputa desta tradicional competición o vindeiro domingo, día 21. Nesta ocasión, adiántase unha hora o horario habitual, co obxectivo de que os cortes de tráfico que require a disputa desta carreira interfiran o menos posible nos desprazamentos cara ao partido que o Breogán disputará contra o Surne Bilbao, no Pazo dos Deportes, a partir das 12.00 horas. O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, destaca que “un ano máis volvemos a acadar unha moi alta participación, con case 1.200 atletas, nunha carreira que nesta edición será si cabe máis especial, porque ao feito de unir deporte coa posta en valor do noso patrimonio histórico se une o 25 aniversario da Muralla como ben mundial”.

Como é habitual, realizaranse cortes e restricións de tráfico en varias rúas, avenidas e prazas da cidade, co obxectivo de garantir a seguridade das e dos participantes, motivo polo que o Concello de Lugo establecerá un dispositivo especial no que colaborará a Policía Local e a organización da proba, que se ocupará de delimitar o circuíto.

Das 17 categorías desta Lugo Monumental, as sete probas das categorías menores disputaranse sobre distancias de entre 200 e 1.800 metros. A de pitufos será a primeira en tomar a saída, nese horario adiantado, ás 10.00 da mañá, para media hora despois dar a saída para o resto de categorías, xa sobre distancias de 10 quilómetros.

Dende ás 09.00 horas do domingo 21, estarán cortadas ao tráfico a Avenida Ramón Ferreiro, Rúa Alcalde Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, Rúa Recatelo, Rúa Avelino Pousa Antelo, Rúa Puro Cora, Praza de Avilés, Avenida Rodríguez Mourelo, Praza Pío XII, Rúa Bo Xesús, Praza de Santa María, Travesía Dean Fernández Varela, Rúa dos Clérigos, Rúa do Bispo Aguirre e Rúa Vilalba. A apertura ao tráfico en toda a contorna da Ronda da Muralla prolongarase ata ás 11.15 horas, xa que a previsión é que a esa hora as e os corredores estean disputando a última volta polo adarve da muralla. Mentres, ás rúas Clérigos, Bispo Aguirre, Praza de Avilés, e avenidas Rodríguez Mourelo e Ramón Ferreiro, onde ademais estará situada a zona de saída e meta á altura da Horta do Seminario, permanecerán pechadas ao tráfico ata as 12.30 horas, ou ata a chegada do último corredor.

A recollida de dorsais realizarase en Ndorfina Sports os días 18, 19 e 20 de decembro en horario comercial. Excepcionalmente, o domingo 21 poderán recoller o dorsal as persoas inscritas de fóra da cidade, entre as 08:30 e as 09:30 horas, na carpa da organización. Tamén se poderá seleccionar no proceso de inscrición a recollida en tendas colaboradoras.

O percorrido da proba pode consultarse no seguinte ligazón: https://racemapp.com/recorrido/861-lugo-monumental-10k-adultos

Multimedia

  • Ao redor de 1.200 deportistas tomarán parte na carreira Lugo Monumental deste domingo, que adianta unha hora a súa saída

Noticias relacionadas