O Concello de Lugo presenta o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”, unha iniciativa pioneira para situar á cidade como referente gastronómico nacional e internacional

“O noso obxectivo é colocar Lugo onde debe estar: na excelencia turística enogastronómica nacional e internacional. A gastronomía é cultura, tradición, emprego e economía, e con este proxecto estamos a construír un modelo turístico sostible que fortalece a nosa cidade”, indicou .

Outro dos indicadores do dinamismo urbanístico da cidade é a constitución de novas Xuntas de Compensación, instrumento esencial para a xestión do solo. Nos últimos meses, formalizouse a constitución das Xuntas dos sectores S-16R e S-5I.

“A planificación e a tramitación urbanística son ferramentas esenciais para garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado, que combine o crecemento urbano coa calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio”, subliñou Jorge Bustos.

Mércores, 19 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo presenta o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”, unha iniciativa pioneira para situar á cidade como referente gastronómico nacional e internacional

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado polo edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, presentou esta mañá o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”. Unha ferramenta estratéxica destinada a reforzar a competitividade turística da cidade a través da súa identidade culinaria e vínica e que supón un elemento dinamizador da economía deste puxante sector no municipio de Lugo.

Durante o acto, o alcalde, Miguel Fernández, destacou que Lugo conta cun enorme potencial turístico derivado das súas tres declaracións de Patrimonio da Humanidade —a Catedral, a Muralla e o Camiño de Santiago— así como doutras singularidades como o termalismo, as festas tradicionais e, moi especialmente, a súa riqueza gastronómica.

O rexedor subliñou que a enogastronomía é un elemento que define Lugo e que forma parte esencial da súa identidade, afirmando que “a enogastronomía de Lugo é un elemento que nos define, que forxou a nosa identidade. Temos unha combinación perfecta entre cultura e enogastronomía, con produtos de primeira calidade, cociña de proximidade e receitas tradicionais e de vangarda. Todo isto fai de Lugo un destino atractivo os 365 días do ano”.

Engadiu ademais que este proxecto supón unha oportunidade única para avanzar nun modelo turístico sostible e sólido: “Estamos deseñando un Club de Produto pioneiro que reforza a nosa identidade e que nos permite avanzar cara un turismo de excelencia. O visitante busca cada vez máis experiencias que lle permitan coñecer un territorio a través dos seus sabores, e Lugo ten moito que ofrecer”.

O Club de Produto nace para integrar aos distintos subsectores relacionados coa gastronomía e o turismo —hostalería, aloxamentos, comercio, intermediación e empresas de actividades— co obxectivo de crear unha estrutura común de calidade e impulsar experiencias turísticas que poñan en valor o patrimonio gastronómico local, segundo explicou edil de Dinamización Económica .

Repetto explicou que o Concello desenvolveu unha análise exhaustiva do territorio a nivel enogastronómico, elaborou un Plan Estratéxico de Produto, un Plan de Acción, unha base de datos sectorial, un modelo de xestión e un conxunto de manuais que establecen os requisitos de calidade, sustentabilidade, atención ao cliente, xestión ambiental, seguridade e promoción que deberán cumprir as empresas adheridas. “Estes manuais inclúen ademais directrices específicas para destacar as Denominacións de Orixe, as Indicacións Xeográficas Protexidas, os produtos da Artesanía Alimentaria e outras elaboracións tradicionais que conforman a esencia culinaria de Lugo”, engadiu.

A posta en marcha do Club permitirá tamén a adhesión de Lugo á rede “Saborea España”, a principal plataforma estatal de promoción gastronómica, o que facilitará a creación de sinerxías e multiplicará a visibilidade da cidade a nivel nacional e internacional. As empresas interesadas poderán solicitar a súa adhesión a partir de decembro, nun proceso no que recibirán asesoramento técnico individualizado, formación específica e acompañamento por parte do equipo municipal para a implantación dos estándares de calidade recollidos nos manuais. Nos próximos meses desenvolverase un plan de sensibilización que inclúe xornadas informativas, visitas personalizadas aos establecementos e un servizo permanente de apoio telefónico e telemático.

O Club tamén permitirá crear un catálogo estable de experiencias enogastronómicas comercializables, que incluirán propostas como menús temáticos históricos —desde a época romana ata a contemporánea—, catas e maridaxes con produtos locais, visitas a produtores e artesáns alimentarios, actividades nos mercados tradicionais e iniciativas específicas destinadas ao público peregrino do Camiño Primitivo. O obxectivo é que Lugo consolide un produto turístico diferenciado, competitivo e capaz de atraer visitantes durante todo o ano, aumentando a estancia media, o gasto no destino e o impacto económico sobre o tecido local.

O alcalde concluíu salientando o carácter estratéxico desta iniciativa e o seu impacto no desenvolvemento económico da cidade, afirmando que “o noso obxectivo é colocar Lugo onde debe estar: na excelencia turística enogastronómica nacional e internacional. A gastronomía é cultura, tradición, emprego e economía, e con este proxecto estamos a construír un modelo turístico sostible que fortalece a nosa cidade e que xera valor para toda a comunidade”.

Multimedia

  • O Concello de Lugo presenta o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”, unha iniciativa pioneira para situar á cidade como referente gastronómico nacional e internacional
  • O Concello de Lugo presenta o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”, unha iniciativa pioneira para situar á cidade como referente gastronómico nacional e internacional

Noticias relacionadas