O Concello colabora coa iniciativa Móllate polos ríos cunha limpeza este domingo do cauce do río Miño ao seu paso por Nadela

A VIII Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada por ADEGA, celebrarase este domingo, 27 de setembro, nuns 40 municipios galegos, co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os ríos estean ben conservados

Sábado, 26 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel da iniciativa Móllate polos ríos

O Concello de Lugo implícase coa sétima edición de limpeza simultánea de cauces fluviais Móllate polos ríos, que se celebrará este domingo, 27 de setembro a partir das 10:00 horas. Trátase dunha iniciativa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ADEGA dentro do Proxecto Ríos, na que participan uns 40 municipios galegos, co obxectio de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais e concienciar á sociedade da necesidade de que os ríos estean ben conservados.

Aproveitando o parón biolóxico dos cauces, a limpeza no Concello de Lugo levarase a cabo no río Miño ao seu paso por Nadela. Para asisir é preciso levar luvas e botas de auga.

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do esado dos ríos galegos por parte de cidadáns ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixianza do río que pasa polo seu municipio. Dende o 2008 organiza o día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia, para recoller o lixo que atenta contra os ríos. O pasado ano retiráronse máis de 12 toneladas de lixo en 49 ríos de toda Galicia.

Noticias relacionadas