O Concelleiro de Urbanismo destaca que o PXOM seguirá estrictamente as leis vixentes

Luns, 07 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A aprobación do Plan é a máxima prioridade do equipo de goberno “todos os grupos están aportando a súa visión do plan”

O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, deu conta da nova xuntanza mantida cos grupos políticos municipais para revisar as modificacións introducidas polo equipo redactor no documento urbanístico.

Fernández Liñares, explicou que o Plan, do que hoxe chegarán 5 novos tomos que se suman aos 5 chegados hai uns días, recolle as modificacións propostas polos grupos, sempre que se adapten á legalidade vixente. Liñares explicou que “algún solo urbano recollido no Plan do 91 e que na aprobación inicial non figuraba como urbano consolidado, insistimos en que aparecera como urbano consolidado, pero as redactoras din que non é posible salvo se se vulnera a Lei do Solo de Galicia”. Explicou que o Goberno non incumplirá as leis, e que por iso entenden que “as redactoras non recollan no Plan as modificacións que non se adapten á normativa”.

Para Fernández Liñares o Plan recolle todas as modificacións que non vulneran a legalidade “lóxico nun documento tan importante coma este” e polo tanto, “paréceme un bo plan”. Suliñou, iso si, que “se os partidos da oposición, imprescindibles para aprobalo, seguen sendo tan puntillosos como na revisión anterior, a aprobación retrasarase”.

Liñares considera que as aportacións dos grupos “melloraron o plan, que é de todos, polo tanto se pedimos unha revisión máis o retraso será inevitable”.

Fernández Liñares tamén anunciou que hoxe chegarán cinco novos tomos con núcleos rurais e normativa e ordenanzas, por iso o luns haberá unha nova xuntanza dos grupos. A vindeira semana tamén están previstas novas reunións nas que participará o equipo redactor para que explique as modificacións recollidas e tamén as non aceptadas.

Para o Concelleiro de Urbanismo aprobar o plan é “a prioridade do Concello de Lugo”. Os tres grupos políticos introduciron cambios “polo tanto todos somos responsables de que se aprobe o antes posible, eu considero que como está levaríao a Pleno inmediatamente, pero o PP e o BNG son imprescindibles para a aprobación”.

Noticias relacionadas