- Tema
Mércores, 09 de marzo de 2011
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, achega ata o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos.
A mostra, situada na Sala A do Centro, poderá visitarse de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas. A exposición contará coa presenza de dúas monitoras que realizarán labores e encaixe. Ademais, estarán a disposición dos visitantes para aclaralles as posibles dúbidas e explicarlles os distintos procesos na eleboración das pezas.