Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos

O Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos

  • Tema
    • Xuventude
Mércores, 09 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, achega ata o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos.

A mostra, situada na Sala A do Centro, poderá visitarse de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas. A exposición contará coa presenza de dúas monitoras que realizarán labores e encaixe. Ademais, estarán a disposición dos visitantes para aclaralles as posibles dúbidas e explicarlles os distintos procesos na eleboración das pezas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-de-convivencia-uxio-novoneyra-acolle-unha-exposicion-de-artesania-labores-e-encaixe