A formación terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro en horario de 19:00 a 21:00 horas

O centro de Novas Tecnoloxías acollerá a vindeira semana un curso de Iniciación á Facturación Electrónica da Administración Pública (FACE) dirixido a profesionais, autónomos e pequenas empresas que facturen á administración pública.
A formación, para a que se esixe un nivel de coñecemento previo baixo, terá unha duración de dez horas e impartirase do 3 ao 7 febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Hai 15 prazas dispoñibles.
Así mesmo, durante os vindeiros sábados 8 e 15 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas desenvolveranse dúas titorías tecnolóxicas.
As persoas interesadas en participar en calquera das dúas accións poderán inscribirse no propio centro, a través do número de teléfono 982.29.73.77 ou no correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal.