Tres residencias artísticas rematan esta semana con mostras abertas no MIHL

Jessica Castellón e Boris Orihuela, Jandross e o colectivo iXa estiveron investigando nas instalacións do Museo grazas á colaboración da Tenencia de Alcaldía co colectivo Glovo.

Maite Ferreiro: "O ciclo Atopémonos Bailando permite que moitas e moitos artistas emerxentes descubran as instalacións do MIHL e a calidade dos recintos culturais de Lugo".

Luns, 03 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Tres residencias artísticas rematan esta semana con mostras abertas no MIHL

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que esta semana rematarán tres residencias artísticas do ciclo Atopémonos Bailando, patrocinado pola área de Cultura xunto co Colectivo Glovo. Ferreiro destacou que este ciclo "permite que moitas e moitos artistas emerxentes desenvolvan os seus traballos en Lugo, descubrindo instalacións como o MIHL ou o Vello Cárcere".

Esta semana, os artistas Jessica Castellón e Boris Orihuela, co seu espectáculo "ni fu ni fa", Jandross con "a noite do Cuco" e o colectivo iXa co espectáculo "52-Blau" realizarán unha serie de mostras abertas no MIHL. No caso dos dous primeiros, serán o mércores 5, e o colectivo iXa actuará o venres 7, todos a partir das 18 horas. A reserva de entradas, que serán gratuítas, poderá realizarse no teléfono 604 002 295. 

Maite Ferreiro destacou o programa das Residencias Atopémonos Bailando como "un importante apoio ao sector das artes do movemento, facendo fincapé na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, ofrecendo tamén canles de diálogo coa veciñanza". Ferreiro lembrou que este programa forma parte da estratexia municipal de apoio ás artes do movemento, en diálogo con outras iniciativas como o Festival Cartografía en Movemento ou o Ciclo LED – Lugo En Danza.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as residencias artísticas | Descargar mp3

Noticias relacionadas