A mesa de traballo da Residencia solicitará reunións co subdelegado do Goberno e co xerente do SERGAS

Luns, 06 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A mesa de traballo da Residencia solicitará reunións co subdelegado do Goberno e co Xerente do SERGAS

A mesa de traballo constituída para revitalizar o barrio da Residencia reuniuse de novo este luns no Salón de Comisións do Concello, tal e como avanzara a Alcaldesa de Lugo. Na xuntanza, presidida polo Voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiron, ademais de representantes de todos os grupos políticos da Corporación, a presidenta da asociación veciñal deste barrio.

Na sesión de hoxe acordouse solicitar unha reunión ao subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e outra co xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa, tal e como deu a coñecer Miguel Fernández. Neste senso, o voceiro adiantou que a mesa de traballo consensuou solicitar ambas xuntanzas coa finalidade de que o subdelegado do Goberno lles dea conta do tratado na reunión entre a Secretaria de Estado da Seguridade e o Conselleiro de Facenda. Tamén solicitarán a xuntanza co xerente do SERGAS, para analizar os posibles usos deste edificio.

Noticias relacionadas