Mañá remata o prazo de presentación de fotografías do IV Concurso Estampas de paz e acougo

Os interesados aínda poden presentar as súas obras mañá venres, ata as 14:00 horas, no Negociado do Cemiterio, situado na pranta baixa do Centro de Servizos Municipais, na Ronda da Muralla, 197

Xoves, 03 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres, 4 de novembro, remata o prazo de presentación de fotografía do concurso Estampas de Paz e Acougo, posto en marcha por cuarto ano consecutivo polo Concello dentro da programación que conmemora o Día dos Defuntos. Os interesados aínda poden presentar as súas obras mañá, ata as 14:00 horas, no Negociado do Cemiterio, situado na pranta baixa do Centro de Servizos Municipais, na Ronda da Muralla, 197.

Estampas de Paz e Acougo trátase dun concurso que busca valorar tanto os aspectos monumentais, paisaxísticos e singulares como a simboloxía funeraria e o valor patrimonial, así como a captación da sensación de paz e harmonía que impregnan os recintos dos cemiterios. Este ano, como novidade, a temática transcende ao recinto do cemiterio municipal de San Froilán, é decir, a camposantos de calquera outro lugar. Como en anos anteriores establécense tres premios, de 250, 150 e 75 euros.

Co fin de contribuír á promoción do Cemiterio de San Froilán como un espazo de intercambio cultural, as fotografías presentadas serán expostas na capela deste cemiterio.

Noticias relacionadas