Máis de 30 traballadores do Concello de Lugo formaron parte do operativo especial da festa da Carballeira

Xoves, 25 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo puxo en marcha onte un dispositivo especial con motivo da celebración da Festa da Carballeira. O operativo estivo formado por 8 efectivos policiais en cada turno que vixiaron ao longo da xornada a zona na que se congregaron uns 4.000 asistentes.

Os axentes controlaron o tráfico no tramo da Ronda de Fingoi no que está a Carballeira para chamar a atención sobre os peóns que podían cruzar a calzada. Ademais, no control de alcolemia realizado nas inmediacións fixéronse 4 denuncias administrativas e 1 denuncia sobre presunto delito contra a seguridade vial.

No tocante ao servizo de limpeza foron un total de 5 condutores, 13 peóns e 2 maquinistas os que estiveron a realizar as labores de recollida de lixo. Para isto, utilizouse unha máquina de baldeo mixto e outra de baldeo mecánico, dous camións satélite, un recolector, unha hidrolimpiadora, un motocarro, un furgón porter, un furgón de mantemento e dúas barredoras.

A empresa Urbaser, encargada do servizo de limpeza municipal, recolleu un total de 6.320 quilos de lixo.

Noticias relacionadas