Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 30 traballadores do Concello de Lugo formaron parte do operativo especial da festa da Carballeira

Máis de 30 traballadores do Concello de Lugo formaron parte do operativo especial da festa da Carballeira

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 25 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo puxo en marcha onte un dispositivo especial con motivo da celebración da Festa da Carballeira. O operativo estivo formado por 8 efectivos policiais en cada turno que vixiaron ao longo da xornada a zona na que se congregaron uns 4.000 asistentes.

Os axentes controlaron o tráfico no tramo da Ronda de Fingoi no que está a Carballeira para chamar a atención sobre os peóns que podían cruzar a calzada. Ademais, no control de alcolemia realizado nas inmediacións fixéronse 4 denuncias administrativas e 1 denuncia sobre presunto delito contra a seguridade vial.

No tocante ao servizo de limpeza foron un total de 5 condutores, 13 peóns e 2 maquinistas os que estiveron a realizar as labores de recollida de lixo. Para isto, utilizouse unha máquina de baldeo mixto e outra de baldeo mecánico, dous camións satélite, un recolector, unha hidrolimpiadora, un motocarro, un furgón porter, un furgón de mantemento e dúas barredoras.

A empresa Urbaser, encargada do servizo de limpeza municipal, recolleu un total de 6.320 quilos de lixo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-30-traballadores-do-concello-de-lugo-formaron-parte-do-operativo-especial-da-festa-da