O campus, co que colabora o Concello e que se celebra en Lugo, acada a súa sexta edición. Nel participan mozos procedentes de toda Galicia e do resto de España.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, saudaron esta mañá aos máis de 100 mozos a mozas participantes do Campus Deportivo Alex Llorca, que comezou o 6 de xullo e rematará o 12.
O Campus suma xa seis edicións, xornadas que teñen a finalidade de perfeccionar o baloncesto, sempre baixo a batuta de Alex Llorca, xogador de baloncesto que xogou, entre outros equipos, no Breogán, e con Mateo Rubio como director técnico. Neste ano participan 120 mozos e mozas de toda España.
Lara Méndez aproveitou a ocasión para destacar o “positivo que é para a saúde realizar deporte, o cal achega beneficios que lles acompañarán o resto da vida” ao tempo que convidou a todos os mozos e mozas a coñecer a cidade.