Gran acollida das conferencias de Martes Nutritivos, con máis de 270 persoas asistentes

Rosana Rielo fixo balance desta programación, posible grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a USC, que tivo lugar todos os martes de novembro no Vello Cárcere, a cargo de membros de ADINU

Mércores, 29 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gran acollida das conferencias de Martes Nutritivos, con máis de 270 persoas asistentes

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, fixo balance este mércores da programación de conferencias Martes Nutritivos, que rematou na xornada de onte. A edil subliñou a gran acollida destas charlas, posibles grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a USC, concretamente co Grao de Nutrición Humana e Dietética; con máis de 270 persoas asistentes ao longo de toda a programación. A conferencia de onte, dedicada á nutrición no deporte e na actividade física, foi a que reuniu máis asistentes neste ciclo, que tivo lugar todos os martes de novembro no Vello Cárcere, a cargo de membros da Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia (ADINU).

O Goberno puxo en marcha esta programación consciente da necesidade de sensibilizar á poboación sobre a importancia dunha alimentación e un estilo de vida saudable. Por eso, neste ciclo se deron diversas pautas para levar unha dieta saudable e para adaptar os menús ás necesidades nutricionais de cada persoa, en cada idade ou etapa da vida.

Nestas conferencias, ademais de tratar a nutrición no deporte, tamén se abordou a nutrición durante a xestación e a lactación, a infantil, a adaptada ao traballo no século XXI e a nutrición en maiores. 

Audio

Noticias relacionadas