Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Gran acollida das conferencias de Martes Nutritivos, con máis de 270 persoas asistentes

Gran acollida das conferencias de Martes Nutritivos, con máis de 270 persoas asistentes

Rosana Rielo fixo balance desta programación, posible grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a USC, que tivo lugar todos os martes de novembro no Vello Cárcere, a cargo de membros de ADINU

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Sanidade
Mércores, 29 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gran acollida das conferencias de Martes Nutritivos, con máis de 270 persoas asistentes

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, fixo balance este mércores da programación de conferencias Martes Nutritivos, que rematou na xornada de onte. A edil subliñou a gran acollida destas charlas, posibles grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a USC, concretamente co Grao de Nutrición Humana e Dietética; con máis de 270 persoas asistentes ao longo de toda a programación. A conferencia de onte, dedicada á nutrición no deporte e na actividade física, foi a que reuniu máis asistentes neste ciclo, que tivo lugar todos os martes de novembro no Vello Cárcere, a cargo de membros da Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia (ADINU).

O Goberno puxo en marcha esta programación consciente da necesidade de sensibilizar á poboación sobre a importancia dunha alimentación e un estilo de vida saudable. Por eso, neste ciclo se deron diversas pautas para levar unha dieta saudable e para adaptar os menús ás necesidades nutricionais de cada persoa, en cada idade ou etapa da vida.

Nestas conferencias, ademais de tratar a nutrición no deporte, tamén se abordou a nutrición durante a xestación e a lactación, a infantil, a adaptada ao traballo no século XXI e a nutrición en maiores. 

Audio

  • Rosana Rielo, sobre os Martes Nutritivos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/gran-acollida-das-conferencias-de-martes-nutritivos-con-mais-de-270-persoas-asistentes

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/291117_rielo-martes-nutritivos.mp3