Dúas cooperantes poñen rostro aos premios Entre Mulleres 2016, que serán entregados mañá no Concello

Ana Vila Montero e Emilia Naveiras, a título póstumo, recibirán os galardónspolo seu traballo en iniciativas sociais en Nicaragua

Previamente, ás 12:00 horas, na Praza Maior, terá lugar a lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller, a cargo de Rosario Maya Montoya, da Fundación Secretariado Gitano

Luns, 07 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As cooperantes Ana Vila Montero e Emilia Naveiras, a título póstumo, recibirán este martes ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello os premios Entre Mulleres, polo seu traballo en iniciativas sociais en Nicaragua. Trátase duns galardóns que recoñecen o traballo feito por mulleres que dalgunha maneira contribuíron á defensa da igualdade, do feminismo e dos dereitos das mulleres, para reivindicar a igualdade de dereitos entre xéneros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, lembrou a traxectoria de ambas cooperantes, “un exemplo no avance social”, ao tempo que puxo en valor o labor dos máis de 2.700 españois dedicados á cooperación internacional, sendo un 51% deles mulleres.

Previamente á entrega dos premios, ás 12:00 horas, na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, terá lugar a lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller, por parte de Rosario Maya Montoya, da Fundación Secretariado Gitano. Posteriormente, presentarase un documental sobre as irmáns Elisa e Jimena Fernández De La Vega, as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias.

Pola tarde ás 19:00 horas diante da Praza de San Marcos celebrarase a Quedada pola Igualdade reivindicativa con varias as actividades, onde se lerá un manifesto, proxectaranse varios vídeos para pór en valor o importante valor das mulleres, e colocaranse varios paneis na praza para que a xente deixe a súa frase pola igualdade.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre os premios Entre mulleres|Descargar mp3

Noticias relacionadas