Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dúas cooperantes poñen rostro aos premios Entre Mulleres 2016, que serán entregados mañá no Concello

Dúas cooperantes poñen rostro aos premios Entre Mulleres 2016, que serán entregados mañá no Concello

Ana Vila Montero e Emilia Naveiras, a título póstumo, recibirán os galardónspolo seu traballo en iniciativas sociais en Nicaragua

Previamente, ás 12:00 horas, na Praza Maior, terá lugar a lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller, a cargo de Rosario Maya Montoya, da Fundación Secretariado Gitano

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos
Luns, 07 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As cooperantes Ana Vila Montero e Emilia Naveiras, a título póstumo, recibirán este martes ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello os premios Entre Mulleres, polo seu traballo en iniciativas sociais en Nicaragua. Trátase duns galardóns que recoñecen o traballo feito por mulleres que dalgunha maneira contribuíron á defensa da igualdade, do feminismo e dos dereitos das mulleres, para reivindicar a igualdade de dereitos entre xéneros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, lembrou a traxectoria de ambas cooperantes, “un exemplo no avance social”, ao tempo que puxo en valor o labor dos máis de 2.700 españois dedicados á cooperación internacional, sendo un 51% deles mulleres.

Previamente á entrega dos premios, ás 12:00 horas, na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, terá lugar a lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller, por parte de Rosario Maya Montoya, da Fundación Secretariado Gitano. Posteriormente, presentarase un documental sobre as irmáns Elisa e Jimena Fernández De La Vega, as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias.

Pola tarde ás 19:00 horas diante da Praza de San Marcos celebrarase a Quedada pola Igualdade reivindicativa con varias as actividades, onde se lerá un manifesto, proxectaranse varios vídeos para pór en valor o importante valor das mulleres, e colocaranse varios paneis na praza para que a xente deixe a súa frase pola igualdade.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre os premios Entre mulleres|Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/duas-cooperantes-ponen-rostro-aos-premios-entre-mulleres-2016-que-seran-entregados-mana-no

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070316_ana-abelleira-premios-entre-mulleres.mp3