A Concellería de Educación pon máscaras a disposición dos centros de ensino públicos

Felipe Rivas: “desde o concello de Lugo temos que cubrir novamente as deficiencias da planificación da Xunta de Galiza”

O presidente da Xunta presumiu de boa xestión no seu discurso de investidura mentres deixaba de lado ás familias con menos recursos” afirmou Felipe Rivas

Sábado, 05 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Educación pon máscaras a disposición dos centros de ensino públicos

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento achegará máscaras aos centros de ensino públicos da cidade para facilitar que todas as familias poidan cumplir coas medidas sanitarias de cara á volta ás clases. Felipe Rivas explicou que “o custo das máscaras pode ser inasumible para unha familia que esté pasando por unha situación económica delicada”, e engadiu “desde a Concellería de Educación colaboraremos cos centros para que todas as nenas e nenos de Lugo poidan cumplir coas medidas de prevención, xa que a Xunta non cumple coa súa responsabilidade en educación nin aporta medios de protección suficientes para cumplir con estas medidas”.

Non é a primeira vez que temos que cubrir desde o Concello as deficiencias de planificación da Xunta de Galiza”, afirmou Felipe Rivas. O edil de Educación lembrou que “durante o inicio do confinamento tivemos que poñer en marcha un servizo de impresión a demanda para permitir que as familias con menores recursos puideran ter acceso ao material didáctico e continuar así coa formación desde a casa”.

Este mércores vimos no discurso de Investidura a Feijóo presumindo de bo xestor ao mesmo tempo que deixaba de lado aos centros de ensino e aos fogares con menos recursos”, afirmou Felipe Rivas, que engadiu “desde o concello de Lugo temos claro que a saúde das nenas e nenos é a máxima prioridade de cara á volta ás clases”.

Multimedia

  • A Concellería de Educación pon máscaras a disposición dos centros de ensino públicos

Noticias relacionadas