A concellaría de Medio Ambiente colabora nunha campaña para recoller comida para mascotas de familias con escasos recursos

O concelleiro Miguel Fernández anima aos lucenses a ser solidarios nesta iniciativa que se activa coa Asociación de Ayuda Alimentaria Animalista, que xestiona o banco de alimentos.

Habilítanse diversos puntos de recollida en establecementos colaboradores da cidade.

Mércores, 15 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellaría de Medio Ambiente colabora nunha campaña para recoller comida para mascotas de familias con escasos recursos

O tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, o concelleiro Miguel Fernández, acompañado pola presidenta da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista, Noelia Rodríguez, presentaron a campaña solidaria ‘Este Nadal en Lugo, ningunha mascota sen comida’, que se celebrará durante estas datas de Nadal ata Reis.

O obxectivo desta iniciativa é colaborar coas familias con menos recursos ou que atravesan unha mala situación económica co fin de que poidan alimentar os seus cans, gatos ou outros animais de compañía.

Miguel Fernández pediu a colaboración da cidadanía. “Desde a concellería queremos facer un chamamento á sociedade lucense para que demostre unha vez máis a súa solidariedade, e para iso habilitamos varios puntos de recollida en establecementos ubicados en distintas zonas da cidade, que tamén colaboran neste campaña”.

Actualmente, a Asociación Ayuda Alimentaria Animalista encárganse de ofrecer un banco de alimentos para familias en risco de exclusión social con mascotas. Concretamente, o colectivo colabora con máis de 130 familias de Lugo. Tamén axudan a alimentar colonias e animais en estado de abandono.

Puntos de recollida:

  • Sede da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista (xoves de 16:30 a 18:30, Rúa San Xillao, 13)
  • Facultade de Veterinaria (Campus de Lugo - Avenida Carballo Calero, s/n)
  • Hospital Veterinario HA (Rúa Virxe da Esperanza, 31)
  • Tiendanimal (Avenida Infanta Elena, s/n - fronte ao Centro Comercial As Termas)
  • Todo Campo (Avenida Benigno Rivera, 23)
  • Hipermercado Eroski (Centro Comercial As Termas)
  • VetLar Centro Veterinario (Rúa Concepción Arenal, 55)
  • Ecolavakan Boutique Canina (Rúa Milagrosa, 58)

Noticias relacionadas