Colectivos sociais de Lugo destacan o valor da solidariedade no Día Internacional do Voluntariado

Membros da Corporación Municipal asistiron este venres diante da Casa Consistorial á lectura dun manifesto para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado

Venres, 04 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Colectivos sociais de Lugo destacan o valor da solidariedade no Día Internacional do Voluntariado

Membros da Corporación Municipal asistiron este venres á lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional do Voluntariado, que se levou a cabo ás 17:30 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial. Trátase dun acto enmarcado dentro do programa de Diversiarte organizado polo Concello en colaboración con 23 asociacións da cidade.

Nesta ocasión, o manifesto foi lido por Paloma e María, representantes dos colectivos COGAMI e Ateibo, que en nome da rede de voluntariado de Lugo destacaron o valor da solidariedade que expresan milleiros de persoas diariamente de xeito desinteresado.

No manifesto, os colectivos insistiron en que neste 2015 contan cunha nova lei que costou “non pouco esforzo sacar adiante” e que permitirá implantar o valor da tarea voluntaria e solidaria. Neste senso, o documento facía un chamamento ás administracións e institucións públicas para promover a solidariedade como valor para as relacións interpersoais. 

Noticias relacionadas