Remata un novo curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo.

Cristina López compartiu o final da formación coa veciñanza do Burgo.

Domingo, 28 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Remata un novo curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou o Burgo onde vén de rematar o curso de restauración de mobles organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da restauración de mobles, realizando os traballos precisos e recibindo a formación teórica necesaria, tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar arranxos ou a recuperación de acabados desgastados.

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan a veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".

Multimedia

  • Remata un novo curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación
  • Remata un novo curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Noticias relacionadas