As propostas prantexan a creación dunha cancela artística nada da artesanía téxtil radicional galega; unha gran intervención de pintura sobre teas de lino e unha instalación que une danza e bordado.
Os proxectos gañadores foron elixidos de forma provisional entre 27 solicitudes chegadas de distintos puntos do país. Abrese un periodio de alegacións de 10 días antes de ser ratificados.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinala que “as intervencións seleccionadas van supoñer un valor engadido non só para o Coliving senón tamén ao Camiño Primitivo e ao noso patrimonio rural e artesanal".

Despois de varios días de estudio e análise, o xurado que decidiu sobre as propostas artísticas que albergará o Coliving Municipal do Carme preseleccionou tres proxectos nos que conviven distintas disciplinas artísticas: Venera, da coruñesa Marta Cuba García; Cancela Fermosista, do ourensán Álvaro Corral Cid; e Lluvia Templada, da cántabra María Susinos Sancho. Estes tres proxectos foron seleccionados de xeito provisional e agora ábrese un prazo de dez días para presentar alegacións, antes de ser ratificados. As propostas prantexan a creación dunha cancela artística nada da artesanía téxtil radicional galega; unha gran intervención de pintura sobre teas de lino e unha instalación que une danza e bordado.
Segundo explicou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, “as intervencións seleccionadas van supoñer un valor engadido non só para o Coliving municipal senón tamén para o Camiño Primitivo, para o noso patrimonio rural e artesanal, de xeito particular, e para a nosa cultura en xeral; estas residencias son emprendemento cultural de proxectos novos, con artistas galegos e de fóra das nosas fronteiras”.
Ademais, o concelleiro responsable da posta en marcha do Coliving Municipal deu as gracias ao primeiro tribunal destas residencias artísticas, integrado polo pintor e galerista, Jorge Espiral; a profesora da Escola de Artes Ramón Falcón Carmen Porteiro; a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago e un técnico do CEI Nodus, posto que “non foi doado analizar as 27 solicitudes presentadas. Houbo moito nivel e propostas moi innovadoras e perfectas para a cidade e para o Coliving municipal”, sinalou Mauricio Repetto.
O Coliving do Carme ponse en marcha grazas a un proxecto de fondos europeos, xestionados pola Concellería de Dinamización Económica, co obxectivo de fomentar as sinerxías artísticas, culturais e profesionais entre diferentes persoas, disciplinas e iniciativas, ao tempo que se dinamiza o tecido artístico, social e empresarial, e a profesionalización dos axentes culturais da cidade de Lugo.
Dito proxecto tomará forma en breve co desenvolvemento dos tres proxectos seleccionados ao longo de tres meses, unhas intervencións que se desenvolverán en datas próximas.
Proxectos
Desde A Coruña, chega “Venera”, un proxecto artístico que integra varias disciplinas como a danza, o bordado, a instalación artística e a divulgación, presentado por Marta Cuba García. Segundo exlica a propia artista "a través dun sutil fío de ouro, Venera atravesa as nosas raíces na tradición e conecta o destino coa orixe, é dicir, co desexo". Ademais, para avanzar no seu proxecto artístico sinala que "en Venera unifícanse templo e corpo nun mesmo espazo-tempo, a través da sutil materialidade da tea atravesada polo bordado, en conexión coa corporalidade da danza. O proxecto naceu vinculado á vida rural e á natureza en conexión co coñecemento da tradición", e requirirá dunha gran instalación de telas bordadas a man.
O ourensán Álvaro Corral Cid é o responsable de idear Cancela Fermosista, unha espectacular proposta artística que xorde como un proxecto que reflexiona arredor do patrimonio rural, urbanísitico e doméstico de Galicia, e que emprega o bordado e artesanía tradicional téxtil galega. Este proxecto propón “unha intervención in-situ no CAM, a través da produción dun peche fabricado a base de fío de metal e abelorio, que partindo da labor tradicional de bordado ao aire de agremán galego, constrúa un ornamental valado destinado a colocarse no limial entre o centro de arte e o seu acceso directo ao Camiño Primitivo”. Neste sentido, hai que matizar que “a nivel de deseño, este peche partirá dun debuxo clásico dentro do indumento galaico tradicional. Deste modo, o proxecto dará como resultado “unha obra híbrida, situada entre a tradición e a experimentación, que actuará como unha porta de entrada simbólica e material entre a arte e o territorio”, exlica o seu impulsor.
Lluvia Templada é o título do outro proxecto seleccionado, neste caso obra da artista cántabra, María Susinos Sancho. Trátase dunha obra na que intervindo teas con augadas, crease unha pintura pluvial, de contorna, sobre liño, deixando ver a esencia deste material tan asociado á terra galega. Segundo se explica no propio proxecto artístico, o obxectivo é crear unha “pintura pluvial, con soportes más vaporosos y translúcidos que puedan dialogar con la pintura y que, a través de la superposición, compongan veladuras. Las formas y gestos dados en mi práctica pictórica se complementarán con papeles japoneses y láminas de aluminio grabadas mediante el gofrado y el repujado”.
O obxectivo das residencias do Coliving do Carme é que funcione como catalizador para a creatividade e a arte, pero ademais inclúe apoio ao emprendemento artístico, a través do CEI Nodus, mediante asesoramento sobre aspectos xurídicos, fiscais ou de xestión de proxectos para estes artistas. Neste sentido, Mauricio Repetto sinala que “queremos que O Coliving serva para dinamizar o arte, nas súas diferentes expresións, e que sexa un gran escaparate para que as e os artistas poidan desenvolver as súas creacións, ofrecendo así un espazo para afondar na cultura como un dos eixos que debe mover Lugo”.
Audio
- O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre os proxectos do Coliving Artístico| Descargar mp3

