Cohesión Social activa as Aulas Abertas de Nadal nos centros de convivencia para facilitar a conciliación das familias

As actividades desenvolveranse nos centros de convivencia de Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín, que acollerán dúas quendas: os días 22, 23 e 26 de decembro, e os días 29, 30 de decembro e 2 e 5 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

O programa oferta un total de 80 prazas, distribuídas en 20 por centro e por quenda, e establece criterios de prioridade para garantir que as familias con maiores necesidades poidan acceder ao servizo.

 A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, subliñou que este programa é “un recurso esencial para moitas familias lucenses, especialmente para aquelas que necesitan compatibilizar horarios laborais co coidado das súas fillas e fillos durante o Nadal”.

Sábado, 06 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Social activa as Aulas Abertas de Nadal nos centros de convivencia para facilitar a conciliación das familias

O Concello de Lugo, a través da área de Cohesión Social, pon en marcha un ano máis o programa de Aulas Abertas de Nadal, unha iniciativa dirixida a apoiar ás familias durante o período vacacional e a favorecer a conciliación mediante actividades de animación sociocultural para nenas e nenos de entre 4 e 11 anos empadroados no municipio. As actividades desenvolveranse nos centros de convivencia de Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín, que acollerán dúas quendas: os días 22, 23 e 26 de decembro, e os días 29, 30 de decembro e 2 e 5 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

O programa oferta un total de 80 prazas, distribuídas en 20 por centro e por quenda, e establece criterios de prioridade para garantir que as familias con maiores necesidades poidan acceder ao servizo. Terán preferencia aquelas unidades familiares con ingresos inferiores ao SMI, aquelas nas que ambos proxenitores se atopen en situación de alta laboral, as familias en situación de vulnerabilidade derivadas polos Servizos Sociais Comunitarios e as e os menores con discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que poidan participar adecuadamente nas actividades previstas. O proceso de solicitude realizarase entre os días 9, 10 e 11 de decembro, nos propios centros de convivencia ou mediante os procedementos establecidos na Lei 39/2015, e as prazas adxudicaranse mediante sorteo público o 12 de decembro, salvo os casos derivados polos equipos sociais.

A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, subliñou que este programa é “un recurso esencial para moitas familias lucenses, especialmente para aquelas que necesitan compatibilizar horarios laborais co coidado das súas fillas e fillos durante o Nadal”. Destacou ademais que as Aulas Abertas combinan conciliación con educación en valores e convivencia: “Non só ofrecemos un servizo práctico, senón un espazo seguro, creativo e enriquecedor onde as crianzas comparten tempo, xogan, aprenden e se relacionan”.

López Racamonde explicou tamén que estas actividades forman parte da aposta municipal por unha cidade que coida das persoas e que garante oportunidades de participación para a infancia. “Seguimos traballando para fortalecer a cohesión social e ofrecer alternativas reais ás familias. Lugo é unha cidade que pensa no futuro e que sabe que investir na infancia é investir na igualdade e no benestar colectivo”. A concelleira agradeceu o labor do persoal técnico de Animación Sociocultural, responsable da valoración das solicitudes e da organización das actividades, e salientou a importancia desta iniciativa como ferramenta de apoio, integración e equilibrio social.

O Concello anima ás familias a participar neste programa, que se consolida como un dos servizos máis valorados do Nadal, e lembra que os listados de persoas admitidas provisionalmente se publicarán o 15 de decembro, procedéndose ao pago da cota os días 15, 16 e 17, e á comunicación da listaxe definitiva o 18 de decembro.

Máis info

Multimedia

  • Cohesión Social activa as Aulas Abertas de Nadal nos centros de convivencia para facilitar a conciliación das familias
  • Cohesión Social activa as Aulas Abertas de Nadal nos centros de convivencia para facilitar a conciliación das familias

Noticias relacionadas