A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibe á actriz Cristina Castaño, homenaxeada na 48ª Semana de Cine

Desde hoxe, unha placa co seu nome forma parte do Paseo do Cine de Lugo, como recoñecemento á súa traxectoria no cine, a televisión, o teatro e o musical

Venres, 25 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibe á actriz Cristina Castaño, homenaxeada na 48ª Semana de Cine

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe no Concello á actriz Cristina Castaño, unha das homenaxeadas da 48ª Semana de Cine de Lugo. Coincidindo con este recoñecemento, desde hoxe unha placa co seu nome forma parte do Paseo do Cine de Lugo.

Nacida en Vilalba, Cristina Castaño leva máis de dúas décadas construíndo unha traxectoria profesional no ámbito da televisión, o cine, o teatro e o musical, mantendo ao longo destes anos o vínculo coa súa terra.

Durante a recepción no Concello, a actriz mostrouse especialmente emocionada polo recoñecemento e expresou o orgullo que supón para ela recibilo na súa propia terra.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou que “hoxe síntome unha privilexiada por poder trasladarche unhas palabras de recoñecemento e admiración absolutamente sinceras”.

Candia puxo tamén en valor unha carreira construída con talento, esforzo e constancia, e lembrou que “o teu legado queda xa aquí, e temos entre todos a obriga de darlle visibilidade”.

A homenaxe da Semana de Cine supón así un reencontro coa súa orixe e o recoñecemento institucional a unha carreira consolidada en diferentes ámbitos das artes escénicas e audiovisuais.

A incorporación da súa placa ao Paseo do Cine permite que o nome de Cristina Castaño quede ligado tamén a Lugo, na súa terra, como testemuño deste recoñecemento á súa traxectoria

Noticias relacionadas