A área de Cohesión Territorial supervisa a instalación de torres de telefonía móbil no rural

A concelleira Ana González Abelleira visitou hoxe as obras en Santa María Alta, onde os traballos avanzan á espera da finalización do acceso.

“Esta actuación responde a unha demanda histórica da veciñanza e supón un paso fundamental para garantir servizos de calidade no rural”, subliñou Abelleira.

Luns, 10 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cohesión Territorial supervisa a instalación de torres de telefonía móbil no rural

O Executivo de Paula Alvarellos continúa coa mellora da cobertura móbil nas parroquias do oeste do municipio, avanzando no andiocionamento do espacio no que se instalarán torres de telefonía en Santa María Alta, Gondar e San Pedro de Mera. A concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou hoxe os traballos en Santa María Alta, que progresan á espera da finalización do acceso. En Gondar, os operarios seguen coas actuacións e está previsto que a torre sexa izada o 17 de febreiro, mentres que en San Pedro de Mera as obras avanzan, aínda que a finalización dos traballos dependerá da evolución meteorolóxica das próximas semanas.

“Garantir unha conectividade axeitada é esencial para fixar poboación e facilitar a actividade económica nas parroquias”, afirmou Abelleira, quen destacou que a actuación beneficiará preto de 20 parroquias e núcleos de poboación. Estas infraestruturas permitirán resolver problemas de cobertura que afectan tanto ás vivendas como ás explotacións gandeiras e agrícolas da contorna.

A edil recordou que “o Concello cedeu os terreos a custo cero e cobre o exceso de financiamento das acometidas eléctricas para que o servizo poida prestarse con todas as garantías”. A actuación forma parte do convenio marco entre Amtega e Fegamp para a mellora das comunicacións móbiles no rural galego, no que Lugo segue avanzando para asegurar a igualdade de acceso aos servizos dixitais.

Noticias relacionadas