As rutas guiadas, terán lugar todos os venres cada 15 días e sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento.
‘Lugo móvese cos maiores’ reuniu a máis de 800 persoas nas diferentes actividades que se puxeron en marcha pola cidade para a poboación maior de 65 anos.

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, que dirixe Olga López Racamonde, lembra aos veciños e veciñas a iniciativa ‘Lugo móvese cos maiores’, actividade incluída no programa municipal de animación sociocultural, onde se están a levar a cabo roteiros guiados, tanto pola zona rural como pola cidade.
A edil lembrou que “as rutas guiadas terán lugar todos os venres cada 15 días, no caso dos roteiros polo rural o punto de partida será a Praza Bretaña e na cidade as saídas estan contempladas desde a Praza Maior, sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento”. O vindeiro roteiro polo rural será o venres 23 de xullo polo Camiño Primitivo (Lugo-San Román da Retorta) e xa en agosto están programados para o 6 de agosto e o 20, polo Camiño Primitivo (Castroverde-Lugo) e O Vello Lugo Agrario, respectivamente.
Roteiros pola cidade:
- 16 xullo: Lugo Romano Muralla e Ventás arqueolóxicas
- 30 xullo: Lugo Episcopal e Conventual
- 13 agosto: Lugo Palaciego pazos e casas señoriais
- 27 agosto: Lugo Histórico Museo Provincial
‘Lugo móvese cos maiores’ é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, que repite este verán tras o éxito de participación nos meses de abril e maio, que reuniu a máis de 800 persoas nas diferentes actividades que se puxeron en marcha pola cidade para a poboación maior de 65 anos.